Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Touro acollerá o próximo domingo, 16 de xullo, unha ruta de sendeirismo para desfrutar de ‘Bosques, fervenzas e pazos’ organizada por Galicia Senderismo


O Concello de Touro acollerá o próximo domingo, día 16 de xullo, unha ruta de sendeirismo para desfrutar de ‘Bosques, fervenzas e pazos’ organizada por Galicia Senderismo. Trátase dun itinerario circular de 13 quilómetros polo Concello de Touro que parte desde a igrexa parroquial de San Tirso de Cornado e combina a PR-G-121 (Ruta dos Tres Ríos), a PR-G-233 (Rura da Fervenza das Hortas) e outros sendeiros pola natureza. O traxecto rematará cunha visita ao Pazo de Andeade, unha construcción do século XVIII onde destaca a súa biblioteca e que é tamén parada de peregrinos cara Compostela. Os organizadores aseguran que os participantes terán que cumplir as normas que recomendan as autoridades sanitarias para manter a raia á Covid-19. Os interesados en participar na ruta poden contactar con www.galiciasenderismo.com (rutasgaliciasenderismo@gmail.com )ou co teléfono 609.531.105. O lugar e hora de encontro dos participantes da andaina será ás 10.00 horas no Pazo de Andeade (Lugar de Casa Grande, Nº1 Santiago de Andeade). Rematará arredor das 17.00 horas. O prezo: 16 euros.